viernes, 29 de abril de 2011

BIOGRAFÍA DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Hans  Christian Andersen foi un escritor dinamarqués que naceu en Odense o 2 de abril de 1805. A súa familia, era moi pobre e humilde. Aos 11 anos o seu pai morreu. Aos 14 anos foise a Dinamarca a cumprir un traballo de actor.Como non era moi bo neste traballo, o director do espectáculo decidiu axudarlle a empezar a súa carreira como escritor.
Andersen  publicou poemas, contos etc...Os contos eran tan bos que lle ofreceron unha beca para completar os seus estudos. Andersen escribiu un libro sobre a súa vida, titulado”O conto da miña vida”.
Os libros de Andersen están traducidos a máis de 100 linguas.
Morreu en Copenhaguen o 4 de agosto de 1875.
                                                                                                                                         Christelle, 6º.

VISITA AO MUSEO NAVAL

Hoxe fomos ao  museo Naval. A min encantoume escoitar os contos das guerras que tivemos no pasado. Tamén vimos unhas maquetas impresionantes de barcos.
O que máis me  gustou foron os obxectos antigos como: mapas, pezas de barcos etc…
O  que máis me  chamou a atención foron os traxes antigos. Foi moi curioso ver como vestían naquelas épocas. Isto é o que máis me impresionou.
                                                                                                                                 Christelle, 6º.

sábado, 23 de abril de 2011

HOXE ESTREAMOS UN NOVO BLOG

Neste novo blog recolleremos as opinións dos nosos alumn@s sobre libros que leron, saídas que fixeron e moitas cousas máis que nos queiran contar.
Animámosvos a participar!!